>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

V Festa Amanexa en Oleiros

(ultima actualización: 12 / 5 / 17 )





Sábado 27 de maio ás 18:00h


Todo o mundo atento, o sábado 27 de maio teremos a nosa V Festa Amanexa na pista polideportiva de Dexo (ao carón da igrexa). Dará comezo ás seis da tarde coa actuación dos grupos Armadanzas de Laraño (Santiago de Compostela), Grupo de Baile e Gaitas Santaia (Santa Cruz), S.C. Airiños dos Carrís (Cerdido), A.C. O Amanexo.

Ao remate das actuacións, comenzará á churrascada para encher o buche a prezos populares. A partir das dez terá lugar o concerto folk con TIRULEQUE e remataremos á noite cunha foliada onde non faltará a nosa chocolatada. Se queres vir a cantar ou tocar, manda unha mensaxe a nosa páxina do facebook ou ao noso correo acoamanexo@hotmail.com.

Esperámosvos a todos!!!!!!



Pista polideportiva de Dexo
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal