>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Noite de Fiadeiro 2017. Ramirás (Ourense)

(ultima actualización: 12 / 5 / 17 )





Sábado 13 de maio ás 11:00h
Vilavidal, 32811 Ramirás (Ourense),


O vindeiro 13 de Maio celebrarase en Vilavidal, Concello de Ramirás, unha nova edición da Noite de Fiadeiro. Con esta serán XI as ocasións nas que se leva recuperado a esencia dos antigos fiadeiros celebrados na comarca. Deste xeito, o colectivo Rebulir Cultura Tradicional, coa colaboración do Concello de Ramirás, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia, Abanca e Socitransa xunto coa axuda de ducias de empresas e entidades; traza un programa cheo de actividades que se extende a xornada.

As actividades programadas están dirixidas a todos os públicos, facendo que mozos e maiores podan sentir a celebración como propia, e de maneira interxeracional. Así, haberá espazo para obradoiros, mostras, animacións, pasarrúas, teatro de rúa, concertos... e por suposto, a xa tradicional feira de artesanía e gastronomía, con especial protagonismo e atención aos productos locais e comarcais.

Pero cabe salientar, que a actividade principal chega coa caída do sol. Esto é o Fiadeiro en sí, onde máis dunha trintena de grupos chegados de múltiples puntos do territorio galego porán a nota musical para que o torreiro se convirta nun lugar de baile co estilo máis tradicional e popular.

Desde a organización apóstase un ano máis por unha festa participativa que implique ao visitante na súa dinámica, onde cobra protagonismo a cultura tradicional, e se demostra que aínda se pode disfrutar con aqueles ritmos e músicas propias, sen maior pretensión que o lecer.

PROGRAMACIÓN 2017

11:00 h. OBRADOIRO: O Baile solto en seráns e foliadas.
Imparte: Alexandre Sotelino

12:00 h. PANEL: Conversas sobre o traxe tradicional
Imparte: Francisco Rodríguez (Pancho)

13:30 h. PASABARES e Sesión Vermú
17:00 h. Apertura FEIRA de produtos artesáns e gastronómicos
Mostra de Oficios Artesáns
- Animación de rúa
- Xogos tradicionais con CCP Xaquín Lorenzo
- Xogos Cooperativos

17:00 h. ANIMACIÓN “Xogamos bailando, bailamos xogando”
con Xurxemurxe

18:00 h. OBRADOIROS para nen@s
- Traballo en coiro – con Laura Durán
- Enredos e Brinquedos – con CCP Xaquín Lorenzo
- As tamancas a escala – Tango Zapateiro

18:30 h. CONCERTO da Banda Municipal de Música de Ramirás

19:00 h. TEATRO de rúa “A Queimada das Remendeiras” con Arunrun Teatro

19:30 h. Chamada á festa con PASARRÚAS de Xigantes e Cabezudos

20:00 h. o Fiadeiro Cativo con escolas de música tradicional

21:00 h. XI Noite de FIADEIRO


E moito, baile e troula ata que os pés aguanten !

Durante toda a noite teremos CONCURSOS, SORTEOS e algunha que outra SORPRESA a maiores.

Toda a información en www.noitedefiadeiro.com














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal