>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

IV Festival Ventofolk en Ventosela, Redondela
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 6 / 5 / 17 )





A cuarta edición do Festival Celta Ventofolk, terá lugar o día 6 de maio na área recreativa de A Miñoteira, en Ventosela (Redondela), organizada pola Asociación Xuvenil Ventorock, e contará con actividades e música durante toda a xornada.

Xa pola mañá, a partir das 12 horas, terán lugar os campionatos Chave e Lanzamento de Forca, además dunha animada sesión vermú que estará acompañada de música tradicional. Deseguido terá lugar un xantar popular no que os que así o desexen, poden levar a súa comida ainda que para os que non o fagan, haberá postos de venda de racións de polvo e churrasco.

Xa pola tarde, comezará o groso das actividades e actuacións musicais. No que as actividades fai referencia, contarase cun Obradoiro de Elaboración dun Pandeiro a cargo de Dacorla Artesanía, amais dos Ventoxogos, especiais para os máis cativos. Tamén pola tarde disputarase a fase final do Campionato de Chave; e elaborarase un mural adicado ao autor das letras galegas 2017, Carlos Casares.

Logo dos contacontos Codia e Miolo, será a quenda da música co grupo de gaitas O Carballo das Cen Polas, as regueifeiras Branca Trigo, Silvinha e Esther das Luras e, por último, facendo unha homenaxe a Carlos Casares, o grupo Pera’s Band. Unha vez rematadas todas estas actuacións, e xa entrada a noite, dará comezo a Cea Popular para, a continuación, comezar cos concertos a partir das 23h. Os primeiros en subir ao escinario serán os Empanadas Folk, e xa para rematar actuará o grupo folk Güintervan.


- festivais -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal