>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Actuación da compañía de danza GS21 en Ourense

(ultima actualización: 28 / 1 / 09 )






O venres 30 de xaneiro a compañía galega de danza GS21 presentará en Ourense o seu espectáculo Isolma.

A actuación terá lugar no Auditorio Municipal de Ourense, ás 20:30, con entrada gratuíta.

GS21 é unha compañía galega de baile e música que nace no 2005 da man dunha serie de músicos e bailadores formados na tradición galega pero cunha visión atemporal e moderna da mesma. No seu espectáculo Isolma achegan infinidade de recursos sacados da tradición aos que se lle aplican novas lecturas intentando producir no espectador sentimentos e emocións que veñen do máis fondo da alma.

Isolma está dispoñible en CD e en DVD, nunha gravación onde se recolle unha das primeiras postas en escena desta compañía.



Noticia enviada por Cumio













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal