>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

BÖJ en Ortigueira

(ultima actualización: 28 / 4 / 17 )





Sábado 29 de abril ás 23:00h
Paralaia Pub.
Rúa Principe, 7, Praza de Isabel II.
Santa Marta de Ortigueira.


Si, amigas e amigos, o grupo galego-irlandés BÖJ, gañadores da edición de 2016 do Proxecto Runas do Festival de Ortigueira, chegan en concerto ao Paralaia o próximo sábado 29 de abril ás 23 horas!!

Despois de que xa estiveran moitxs delxs no Paralaia en varias foliadas, agora veñen por fin presentar o seu espectáculo e facer vibrar a todxs os que vos acheguedes o sábado 29 de abril a este novo concerto #paralaiamente. BÖJ é unha banda integrada por músicxs de Galicia e Irlanda, que achegan os sons da música irlandesa e escocesa, pero cun toque galego a través desa gaita da nosa terra que sona da man de Ricardo Mouriño.

A banda BÖJ son Fausto Escrigas (low whistle e bouzouki), Hannah Kitts (violino e baile irlandés), Matthew Ward (acordeón), Rubén Gómez (guitarra), Pablo Vergara (bodharm) e Ricardo Mouriño (gaita galega, tin whistle e frauta travesa).

Xa estades apuntando esta data nas vosas axendas porque será un concerto para o recordo!! Esperámosvos!



Paralaia Pub. Rúa Principe, 7, Praza de Isabel II. Santa Marta de Ortigueira.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal