
Un total de 13 grupos galegos de diferentes estilos musicais actuará este ano en Cataluña en virtude do acordo establecido entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Institut Catalá de les Indústries Culturais (ICIC) para a extensión da Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) a 9 salas catalás. Serán 30 os concertos programados no marco deste primeiro circuíto RGMV-Catalunya, que se desenvolverá de marzo a xuño e de setembro a novembro. (..) Con esta iniciativa, a AGADIC dá un paso máis na promoción exterior da música galega trala positiva experiencia que significou o intercambio entre a Rede de Música ao Vivo e o circuíto portugués OuTonalidades no último trimestre do pasado ano, cando 5 formacións galegas protagonizaron 15 concertos no país veciño, e 6 bandas de Portugal ofreceron 21 actuacións en Galicia. Ambos programas enmárcanse nunha máis ampla liña de traballo na que se sitúa igualmente o apoio institucional á participación do sector musical galego en feiras e encontros internacionais.
|