
Sábado 8 de abril ás 15:00h Campa Da Braña. Degrada, S/N. Cervantes.
A Aula de Zanfona da Tradescola está a organizar o Encontro de zanfona galega que terá lugar os vindeiros días 8 e 9 de abril, na Campa da Braña (Cervantes). Na xornada do sabado 8 de abril contaremos cunha charla de Pablo Quintana sobor das súas investigacións da zanfona en Galicia e unha clase-obradoiro de posta en escea e interpretación de romances de cego impartida por Antón Castro. Posteriormente haberá unha cea de confraternización que pasará a ser unha polavila zanfoneira. Ao día seguinte visitaremos a aldea de Piornedo e as súas pallozas, onde tomaremos uns petiscos antes de despedirnos e emprender o regreso d@s participantes. Inscricións: por watsapp a Daniel Carballo (Maka) (608170856). Indicade o nome e apelido, número de persoas, se comparten habitación e especificade se asistirán ao xantar (para poder organizar mellor o aloxamento e as comidas) Prezos: Pousada Campa da Braña (www.oscancares.org) Cuarto dobre 25€ Liteiras 8€ (Os baños son compartidos) Almorzo 3,5€ Xantar e cea 12€ Mesón Novo (www.mesonnovo.es) Cuarto dobre con baño 36€ Cuarto dobre sen baño 26€ Almorzo 3€ O custo dos conferenciantes e os petiscos repartirase a escote entre @s asistentes.
|

Campa Da Braña. Degrada, S/N. Cervantes. Abrir mapa en navegador
|