>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Folixa Astur - Couso (A Estrada)

(ultima actualizaci�n: 31 / 3 / 17 )





Venres 31 de marzo ás 22:00h
Couso, 36682 A Estrada (Pontevedra),


A idea de facer unha FOLIXA ASTUR xa se pensara fai uns aniños, cando membros da Xesteira acudían os ríos asturianos a pescar Salmóns. Cada ano que ían sempre traían unhas poucas botellas de sidra, para logo escancialas na Casa da Escola, en Couso, e entre "culín" e "culín", un dos Xesteiros dixo: ¿E se Facemos unha festa Asturiana?

Deste xeito, coa idea unir dúas culturas moi semellantes pero coas súas diferencias, nace a Folixa Astur en Couso!

O próximo VENRES 31 DE MARZO celebraremos a I FOLIXA ASTUR, con xentes da zona do NAVIA-EO, occidente asturiano, concretamente con compoñentes da bandía tradicional Caldo y Os Rabizos, unha bandía de música tradicional composta de Gaita, redobrante, bombo, saxofón e acordeon. A eles sumaranse máis persoas do occidente Asturiano! LUMEEE!!

A parte da música e Baile, cousa que está asegurada, tamén teremos unha pota de fabas, chourizos e queixo, para que a sidra baixe mellor!

Vémonos o Venres a partires das 22:00!














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal