>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

II Xornadas de percusión tradicional en Pontevedra

(ultima actualización: 28 / 3 / 17 )





Curso de 7 horas de duración impartido polo percusionista Andrés Vilán o 2 de abril en Pontevedra.

Haberá dúas modalidades de participación: como alumno activo (40 €) e como oínte (15 €).

Indicar a modalidade ao facer a inscrición.

Para a primeira modalidade só son necesarios uns coñecementos básicos sobre agarre, golpeo e ritmos tradicionais galegos.
Dirixida, principalmente, a tamborileiros de calquera nivel (desde inicial ata avanzado), percusionistas en xeral ou gaiteiros con coñecementos de percusión.

Para a segunda modalidade non é necesario ningún requisito. Dirixida, principalmente, a gaiteiros sen coñecementos (ou moi poucos) de percusión, músicos de calquera instrumento ou afeccionados á música.

Os alumnos activos é conveniente que leven tambor e baquetas.

Os alumnos oíntes disporán do mesmo material que os activos, poderán preguntar, pero non participar nos exercicios prácticos.

Prazas limitadas (segundo orde de inscrición).
Xantar opcional.

Inscrición e información:
Teléfono: 639908788.
e-mail: gaiteirosdasriasbaixas@gmail.com

Organiza: A.C. Gaiteiros das Rías Baixas.
Colaboran: Casa da Cultura de Lérez, Carlos do Viso e Missom.



Noticia enviada por foliadeiro













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal