>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Ciclo Lubicán: Uxía - Lugo 22 de Xaneiro no Círculo das Artes
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 21 / 1 / 09 )





Uxía presenta Eterno Navegar no Círculo das Artes de Lugo o próximo 22 de
xaneiro, as 21.00 h. Este concerto inicia o Ciclo Lubicán, que achegará ao público
lucense a música de diferentes artistas e estilos diversos como folk, rock, pop ou
jazz, todos os cuartos xoves de mes


Uxía, acompañada polo productor e arranxista Paulo Borges, e pola súa excelente
banda, abre esta cita musical ofrecéndonos unha emocionante viaxe pola música
dos territorios da fala lusófona a través dos temas do seu último disco.

Uxía concibe escribindo palabras e músicas que saen sempre do máis profundo e
íntimo do ser, da alma. Máis de vinte anos de carreira artística convértena nunha
das voces máis populares e valoradas da nosa lingua. As súas cancións teñen
sempre a presenza latente ou explícita da música tradicional, cun tratamento
anovador e persoal..


















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal