>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Guadi Galego no Teatro Principal da Estrada

(ultima actualizaci�n: 16 / 3 / 17 )





Sábado 18 de marzo ás 21:00h
Teatro Principal.
Plaza da Constitución 1.
A Estrada.


No ano 2016, ano en que recibe o Premio Martín Códax da Música á mellor artista na categoría de canción de autor, Guadi Galego presenta "O mundo está parado" (FOL Música, 2016), o seu terceiro álbum en solitario. Dez temas redondos para deter o tempo, con letras que viaxan do persoal á reflexión colectiva sobre cuestións como a identidade e a coherencia: seis da súa autoría, tres de Carlos Abal e un de Pachi García, que exerce novamente como produtor musical. O seus directos teñen esa sonoridade envolvente con arrecendo pop, un son que funambula entre a tradición e a vangarda e que acada a súa madurez neste último traballo. Unha presa de cancións sobre a necesidade de parar a sentir, a reflexionar, a respirar, nun mundo que, malia a aparente velocidade e exceso de información, está parado no máis humano.

Poderemos vela no Teatro Principal da Estrada con entradas a 5 euros, que se poden obter anticipadamente no concello, de 9 a 14 horas, ou reservar chamando ao 986573601. Pódense recoller as reservadas até unha hora antes no despacho de billetes unha hora antes do espectáculo, despois poranse á venda.



Teatro Principal A Estrada. Plaza de la Constitución 1.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal