
Venres 17 de marzo ás 22:00h Paralaia Pub. Rúa Principe, 7, Praza de Isabel II. Santa Marta de Ortigueira.
Primeiro San Patricio #paralaiamente. Quen o vai perder?
Amigas e amigos, este venres é o St. Patrick's Day, o patrón de Irlanda. E queremos celebralo con todxs vós! Por iso estamos a argallar unha foliada á noitiña, a partires das 22 horas, depois da actuación que haberá no Teatro da Beneficencia de ALAW, o trío celta que chega dende as terras de Gales dentro do Ciclo de Concertos de Festival de Ortigueira.
Convidámosvos a que traiades os vosos instrumentos e vos unades á que pode ser unha noite moi especial na que haberá algunha que outra sorpresa!
A Torre Eiffel, o London Eye, a Gran Muralla China... En definitiva, o mundo enteiro píntase de verde para cerebralo, e este ano o Paralaia únese a todos eles!
Así que colle un trebol, pono na solapa e únete á diversión!
Esperámosvos a todxs para desfrutar dun San Patricio #paralaiamente!
|

Paralaia Pub. Rúa Principe, 7, Praza de Isabel II. Santa Marta de Ortigueira. Abrir mapa en navegador
|