>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Guadi Galego, concerto Delicatessen en Barcelona

(ultima actualización: 16 / 3 / 17 )





Xoves 16 de marzo ás 20:00h
Antiga Fabrica Estrella Damm.
Barcelona.


Guadi Galego presenta o seu terceiro disco, "O mundo está parado", en Barcelona, nun concerto Delicatessen, na Antiga Fàbrica de Estrella Damm, xunta o norteamericano Daniel Martin Moore. Accédese por convites, que podes conseguir na ligazón que indicamos. No 2016, ano en que recibe o Premio Martín Códax da Música á mellor artista na categoría de canción de autor, Guadi Galego presenta O mundo está parado (FOL Música, 2016), o seu terceiro álbum en solitario. Dez temas redondos para deter o tempo, con letras que viaxan do persoal á reflexión colectiva sobre cuestións como a identidade e a coherencia. O seus directos teñen esa sonoridade envolvente con arrecendo pop, un son que funambula entre a tradición e a vangarda e que acada a súa madurez neste último traballo. Unha presa de cancións sobre a necesidade de parar a sentir, a reflexionar, a respirar, nun mundo que, malia a aparente velocidade e exceso de información, está parado no máis humano.



Antiga Fabrica Estrella Damm. Barcelona.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal