>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Cantares para Rosalía de 2naFronteira en Compostela

(ultima actualización: 24 / 2 / 17 )





Venres 24 de febreiro ás 20:30h
Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Rúa Nova, 21.

2naFronteira, acompañados pola percusionista Marta Figueiredo, interpretarán cancións de varios dos seus discos e algunhas inéditas, todas elas dedicadas a Rosalía. Algunhas son textos de Cantares gallegos, que eles musicaron. Outras, son poemas que dedicaron outros autores a Rosalía, como Otero Pedrayo ou mesmo García Lorca. Levan anos musicando poemas que dalgunha maneira representan e homeanxean a Rosalía de Castro, que inclúen habitualmente nos seus concertos. Interpretaron parte deste repertorio entre outros lugares, no PArlamento de Galicia, cando este publicou o facsímil de Cantares Gallegos; ou a Deputación de Pontevedra, na entrega do premio Otero Pedrayo a Neira Vilas; e recentemente, na Casa da Matanza, na Casa Museo de Rosalía, co piano da súa familia. Esta será a primeira ocasión na que farán un espectáculo dedicado exclusivamente a ela, preparado especialmente para esta ocasión, para o Teatro Principal, nunha data tan sinalada, como os 180 anos..
Entrada libre ata completar o aforo.



Teatro Principal de Santiago de Compostela. Rúa Nova, 21. Santiago de Compostela.
Abrir mapa en navegador

- 2naFronteira -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal