
Venres 17 de febreiro ás 20:30h Casa Museo de Manuel María. Rúa F, nº 2. Outeiro de Rei.
O 17 de febreiro, venres, ás 20.30 hrs, e dentro da programación cultural do auditorio da Casa-Museo Manuel María, contaremos coa presenza de ALDAOLADO, proxecto poético-humorístico-musical, composto polas poetas MARÍA LADO E LUCÍA ALDAO, que presentarán o espectáculo Pendanca e oso.
Elas preséntannos os seu espectáculo da seguinte maneira:
Das aventuras ou desventuras amorosas de cada un e de cada unha, xorden paixóns desenfreadas, anos de martirio, cotas altas de felicidade, ansiedades varias, gozos e sombras. Dese caldo de cultivo xorden tamén os poemas que aldaolado recitarán neste espectáculo, póndolle moita música e moito humor ao amor máis romántico e ao amor máis miserábel. Dúas poetas no escenario co corazón aberto en canal e escarallándose. Iso é Pendanca e oso, unha fábula que conta e canta o peor e o mellor do currículo amoroso da humanidade.
Prezo da entrada: 5 €. Dado o aforo limitado do auditorio da Casa-Museo recoméndase reservar entrada previamente. Pódese facer a través do correo-e contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou do teléfono 698 177 621.
|

Casa Museo de Manuel María. Rúa F, nº 2. Outeiro de Rei. Abrir mapa en navegador
|