>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Cristian Silva e Suso Iglesias (EGOlatra2) en Bueu

(ultima actualización: 7 / 2 / 17 )





Domingo 12 de febreiro ás 20:30h
Aturuxo Bar (Bueu).
Pazos Fontenla, 59.
Bueu.


O gaiteiro Cristian Silva, músico e produtor nado en Carril (Pontevedra), comezou en decembro a súa nova xira de pequenas salas que o levará ó longo da xeografía galega para presentar unha nova visión do seu disco “EGO”.

Baixo o nome de “EGOlatra2”, e da man de Márdea Producións, o polifacético artista comezou o seu tour o mércores 28 de decembro na Cova Céltica de A Coruña, e despois de visitar A Cova dos Trasnos en As Pontes tocan as seguintes paradas da xira en Vilagarcía, Melide, Bueu e Vilar de Santos. Estas son as outras datas confirmadas desta xira de concertos de aforo reducido, a dúo co acordeonista marinense Suso Iglesias, nos que Cristian Silva pretende achegar ó público, dun xeito máis íntimo e persoal, un disco onde a tradición se funde coas vangardistas técnicas interpretativas da gaita e a música indie-pop.

Coñecido do público galego polo seu paso polo “Luar” da Televisión de Galicia como xurado en “Vai de Gaita”, así como por outras seccións e programas da canle autonómica, Cristian Silva dá un paso a diante dentro da súa traxectoria co seu primeiro traballo en solitario, logo de anos adicado á formación e ás colaboracións con artistas como Carlos Núñez, Xosé Manuel Budiño, Rosa Cedrón, Susana Seivane ou Cristina Pato.

“EGO” é un disco producido ó completo polo propio músico, que amosa a súa incrible versatilidade tocando medio centenar de instrumentos, cos que deixa pingas de rock, flamenco e ata música electrónica sen esquecer as súas raíces tradicionais.

Entrada: 5€



Aturuxo Bar (Bueu). Pazos Fontenla, 59. Bueu.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- AturuxoBar -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal