>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Transilvanians e Cachas&Cousins en Compostela

(ultima actualizaci�n: 27 / 1 / 17 )





Sábado 28 de xaneiro ás 21:30h
Sónar Compostela.
Rúa de Mazarelos, 4-5.
Santiago de Compostela.


Cachas&Cousins subirémonos de novo ao escenario da sala sónar para exprimir ao máximo o noso repertorio de clásicos do rocksteady, ska e R&B xamaicano.

Nesta ocasión contaremos coa compañía de unha bandaza, os Transilvanians, unha das bandas de rocksteady, groovy soul, horror-reggae, dub ou r&b xamaicano cun dos directos incendiarios de máis alto octanaxe que se pode atopar actualmente no estado.
Ademais do seu propio traballo, múltiples gravacións e un recente segundo longa duración editado “Echo, Vibes & Fire”, teñen acompañado en directo ou estudio a lendas da música xamaicana como Roy Ellis (a.k.a. Mr. Symarip, co que rexistraron un single en 2012), Winston Francis, Yvonne Harrison ou Roy Panton.

Non vos perdades esta noitaza de rocksteady na capital.

Entradas en A Reixa Tenda e na propia sala Sónar Compostela
Prezo: 6€.



Sónar Compostela. Rúa de Mazarelos, 4-5. Santiago de Compostela.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal