>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Hoxe, Martes 9 de xaneiro, “Alalá” con Hermelinda do Muiño ás 21:40.



Hoxe “Alalá” con Hermelinda do Muiño ás 21:40.


19 de setembro: No muiño (17,8 %)

26 de setembro: Ruada Rianxeira (10,6 %)

3 de outubro: Xavier Blanco (23,3%)

10 outubro: Maruxa das Cortellas (18,7%)

17 outubro: Faltriqueira (16,6%)

31 outubro: Gaiteiros do Vilar (14,1%)

7 novembro: Os Seivane (20,9%)

14 novembro: A Gaita de Sarandón (17,6%)

21 novembro: Conservatorio Folque de Lalín (11,4%)

28 novembro: De recolleita pola Límia (17,5%)

5 decembro: Xarín (Gaiteiros do Incio) (14,8%)

12 decembro: Pablo Carpinteiro (14,9%)

19 decembro: “Quiquiriquí” (15,1%)

26 decembro: Especial Nadal (17,8%)

1 xaneiro: Berroguetto (13,9%)





Hoxe Martes 9 de Xaneiro en Alalá...
...o equipo de Alalá leva ao espectador ata terras da Limia Alta,
concretamente ao concello de Sarreaus, onde se atopa Hermelinda do Muíño, unha muller entrañable que conserva na súa memoria unha gran cantidade de coplas que escoitaba cando aínda era unha nena. Con ela poderanse coñecer as coplas que lles cantaban os mozos ás mozas cando saían de rolda, e tamén escoitaranse as que se cantaban nos fiadeiros e que acompañaban con latas de pemento e de carburo. Pero o máis salientable de Hermelinda e que tamén lembra longos romances sobre tristes historias de amor e moitos cantares de cego. Os cegos eran auténticos personaxes a principios do século pasado,
cando percorrían a pé longas distancias para vender as súas coplas nas feiras, coplas coas que narraban truculentas historias de crimes e suicidios ocorridas noutros puntos de España. Eles eran os transmisores orais desas noticias que, ademais, vendían en cuartillas. Trinta anos nun muíño, afastados do mundo Precisamente Hermelinda era sobriña dun deste personaxes cegos, Ángel López, coñecido na redonda como o Cego de Sas. Del falarán con Hermelinda, que tamén contará como foi a súa vida de muiñeira, porque esta muller viviu máis de trinta anos nun muíño na compaña de seu home, Miguel.
Alí, afastados do mundo, traballaban e cantaban durante horas, o que
permitiu que Hermelinda repasase centos de coplas que foi fixando na súa memoria. Agora, con oitenta anos, vive soa, canta polo baixo e, cada día fai un esforzo por recuperar do esquecemento algunha vella copla que comeza a esvaerse.




Noticia enviada por Malmequer













COMENTARIOS:



Que son esos porcentaxes?

Enviado o 9/1/07 ás 15:06h





 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal