>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Cantos na Maré 2017 en Pontevedra

(ultima actualizaci�n: 13 / 1 / 17 )





Sábado 14 de xaneiro ás 21:00h
Pazo da Cultura de Pontevedra.
Rúa Alexandre Bóveda.
Pontevedra.


CANTOS NA MARÉ, o Festival Internacional da Lusofonía, terá lugar o 14 de xaneiro no Pazo da Cultura de Pontevedra. E os seus protagonistas serán Guadi Galego, o guineano Manecas Costa, o angolano Paulo Flores, a portuguesa Celina da Piedade e a brasileira Kátya Teixeira, ademais dun último convidado sorpresa que se desvelará nos vindeiros días.

Xa é posible mercar as entradas en ataquilla.com para asistir á décimoterceira edición dun festival que pecha unha etapa con este formato e que dará paso nas vindeiras edicións a un novo formato no que participarán moitos axentes e colectivos que ampliarán esa rede de afectos construída ao longo destas trece edicións.

Este ano imos lembrar e celebrar a Fran Pérez, Narf, un artista paradigmático e un exemplo de como se tecen redes, de como se establecen vínculos con outras culturas desde o respecto e o coñecemento mutuo, desde unha mirada que vai máis alá dun simple intercambio musical. E ninguén mellor para lembralo que o seu irmán musical, o guineano MANECAS COSTA, que gravara xunto a Narf o disco ‘Aló Irmão’ en 2009. Manecas Costa forma parte da gran familia musical de CANTOS NA MARÉ desde a súa participación na edición do 2005. A partir de aí teceu unha rede de colaboradores galegos cos que ten presentado varios proxectos, construíndo esa comunidade musical que está na vontade e na filosofia deste festival.

Seguindo pola banda africana, o outro protagonista será PAULO FLORES, unha das principais referencias da música de Angola e un defensor incansable do Semba, o estilo musical que resulta dun proceso complexo de fusión e transposición, sobre todo da guitarra, de segmentos rítmicos diversos, asentados fundamentalmente na percursión, elemento base das culturas africanas.

Do outro lado do océano chegará KÁTYA TEIXEIRA, unha cantora brasileira (de São Paulo) nada nunha familia de músicos, compositores e investigadores da cultura popular, e trae no seu traballo musical toda esa bagaxe e tamén o resultado das súas andainas e recollidas polo Brasil. A música de Kàtya incorpora todos eses saberes e sonoridades, facendo reverencia aos mestres populares e ás manifestacións culturais auténticas do Brasil.

E desde o Alentejo aterrará no Pazo da Cultura CELINA DA PIEDADE co seu acordeón e coa súa voz, ademais do seu inmenso carisma. No seu repertorio, os temas do cante alentexano crúzanse con novas melodías, composicións propias e outros autores, como o arxentino Atahualpa Yupanqui, o brasileiro Gilberto Gil, e o portugués João Gil.

Outra das protagonistas será GUADI GALEGO, unha das nosas grandes. Ela representa neste momento un dos camiños máis arriscados na evolución da música galega de raíz cara novos territorios, e consegue xuntar na súa figura artística a consagración e o valor do novo. De feito chega ao CANTOS NA MARÉ cargada con novas músicas procedentes do seu recén estreado álbum ‘O mundo está parado’; e sostendo aínda o Premio Martín Códax da Música 2016 á mellor artista na categoría de canción de autor, polo seu anterior traballo \\



Pazo da Cultura de Pontevedra. Rúa Alexandre Bóveda. Pontevedra.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal