>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Todomedre presenta: Os Amigos dos Músicos en Ourense

(ultima actualización: 22 / 12 / 16 )





Venres 23 de decembro ás 20:00h
Auditorio Municipal de Ourense.
Rúa Da Canle, 2.
Ourense.


TODOMEDRE presenta en Ourense as novas propostas da canción popular galega. O espazo cultural TODOMEDRE e o Café & Pop Torgal presentan un novo ciclo de
concertos centrado na renovación da música popular en galego, no que participarán algunhas das bandas e proxectos máis interesantes do país.


Os Amigos dos Músicos
23 de decembro, 20:00h
Auditorio Municipal de Ourense
10 euros

Posibilidade de adquirir entrada e disco de
Os Amigos dos Músicos conxuntamente:

Entrada simple: 10€, máis gastos

Entrada máis vinilo: 20€, máis gastos (edición en vinilo de 180g, inclúe CD)

Entrada máis CD: 15€, máis gastos

O disco pode recollerse dende o momento da compra presentando esta entrada no Café & Pop Torgal

Os Amigos dos Músicos presentan o seu primeiro disco: un conxunto de cancións nas que xuntan o propio co alleo para dar forma a un discurso fragmentado, no que as distintas voces se van sucedendo, mais no que aos poucos vai emerxendo a coherencia do horizonte.

A banda, que sempre buscou referentes na canción popular galega, establece con este álbum un compás para dirixirse en tal singradura. As coordenadas que, dun xeito simbólico mais tamén obxectivo, marcan Curros Enríquez, Suso Vaamonde, Manuel María e Luis Emilio Batallán son o risón que permite pararse e levantar a vista, mais só para proseguir a viaxe. Unha mostra deste ánimo de descuberta son os seus concertos, nos que Os Amigos dos Músicos presentan o seu amplo rexistro musical a través da sutileza dos cambios de dinámica e a mestura das distintas voces que compoñen a banda.

Para plasmar todas estas voces e ambicións, Os Amigos dos Músicos xuntáronse en distintos momentos dos dous últimos anos nos Estudios A Ponte, en Roxos, Santiago de Compostela, para gravar un disco de produción propia no que contaron con Tomás Ageitos como enxeñeiro de son. As mesturas correron a cargo de Druso L. Pedrouzo e da masterización encargouse Dr Chou. Federico Álvarez realizou as fotografías interiores e María Grande o deseño co que se presenta o álbum nos formatos de CD e LP.



Auditorio Municipal de Ourense. Rúa Da Canle, 2. Ourense.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal