>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Xornadas de baile tradicional galego en Teo

(ultima actualización: 17 / 12 / 16 )





Sábado 17 de decembro ás 16:30h
Casa común de Oza, Teo.


Dende a Asociaci@n de Gaiteir@s Galeg@s e coa colaboración da Deputación de A Coruña e o Concello de Teo, organizamos unhas novas xornadas para tod@s os amantes do baile tradicional que terán lugar os vindeiros 17 e 18 de decembro na Casa Común de Oza, no concello de Teo, A Coruña.
Nestas xornadas, que naceron coa intención de cubrir a demanda existente por parte d@s nos@s asociad@s e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, haberá dúas opcións, unha para iniciarse no mundo do baile tradicional, e outra para un nivel máis avanzado.
Contaremos con relatorios e obradoiros da man de Marcos Botana, Rebeca Tallón, Francisco Javier Feijóo “Xisco”, Manolo Cobas ou Olga Kirk, e cun concerto para o remate da xornada.

INSCRICIÓNS: As inscricións deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.gal indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto, e se a inscrición é para o sábado, (Iniciación) ou para o domingo (avanzado).
Estas xornadas son de balde. As prazas son limitadas por orde de inscrición, Animádevos a participar!!!














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal