>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Davide Salvado a só en Monterroso

(ultima actualización: 8 / 12 / 16 )





Venres 9 de decembro ás 23:30h
A Clave. Rúa Benigno Vázquez, 19. Monterroso.


En decembro, visita a Clave un artista único.
Davide Salvado, un dos intérpretes da música de raíz, máis recoñecidos internacionalmente pola crítica e público especializados.

DAVIDE SALVADO é sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida recorrendo as aldeas na procura de ritmos, coplas e danzas.

De todas esas mulleres que se foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, se non todo un xeito de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais e o respecto pola terra, fan do xeito de entender o canto para Davide moito máis que simplemente música.

A cita, o venres 9 a partir das 23.30, nun formato no que a voz e as percusións de Davide, estarán moi preto dos asistentes.

ENTRADA GRATUÍTA



A Clave. Rúa Benigno Vázquez, 19. Monterroso.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal