>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Presentación de REPENTE GALEGO no Culturgal

(ultima actualización: 4 / 12 / 16 )





Este Domingo 4 de decembro ás 11:30h terá lugar en Pontevedra a presentación do libro Repente Galego dentro da programación do Culturgal. O acto contará coa presencia dos autores, Ramon Pinheiro (diretor d’aCentral Folque) e Sergio de la Ossa (professor d’aCentral Folque), do impulsor desta inciativa, Carlos Alonso da Oral de Galiza, e de Xosé Leal, deputado de cultura da Deputación de Pontevedra.

Adiantamos en exclusiva unhas breves liñas do prólogo realizado polo investigador basco Joxerra Garzia.

“Unha vez máis, fica patente que a auténtica modernidade se alcanza profundando na tradición e non imitando modelos foráneos. Cando se aposta en serio por afondar e actualizar a esencia das tradicións, o resultado é case sempre satisfactorio: por unha parte, os novos xéneros dótanse dunha raíz que os afasta do perigo de non ser senón unha moda pasaxeira; por outra parte, os xéneros tradicionais asegúranse unha supervivencia que non se reduce á condición de obxecto de museo.”



Pazo da Cultura de PontevedraRúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005
Abrir mapa en navegador

- aCentral Folque -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal