
A participación de significados historiadores, coa presentación de 20 ponencias, fai que este Congreso sexa o máis importante dos celebrados ata agora para analizar o que representou a resistencia galega contra a Ditadura franquista, no eido armado, político, sindical e cultural. Coa celebración deste Congreso, que terá lugar no Paraninfo da Universidade da Coruña, na Maestranza, queremos tamén lembrar, recoñecer e homenaxear o esforzo e o padecemento de milleiros de galegos e galegas na resistencia contra a Ditadura. A conferencia de apertura correrá a cargo de Harmut Heine e a de clausura será impartida por Secundino Serrano. Ademais das ponencias, haberá a proxección de película A illa de Chelo e as actuacións musicais de Miro Casabella, Xosé Taboada/Eva Otero e o grupo A Quenlla. Este Congreso que organiza a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña ten un comité científico formado polos historiadores Bernardo Máiz, Emilio Grandio e Eliseo Fernández. Conta coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, Ministerio da Presidencia, Deputación da Coruña, Universidade da Coruña e concellarías de Cultura e Normalización Lingüística do concello da Coruña. A asistencia é gratuíta e están solicitados créditos por un total de 19 horas. Máis información no teléfono 645029338.
No centenario do nacemento de Benigno Andrade García “Foucellas”, queremos recuperar un anaco da nosa historia recente. No ano 1936, Galiza caía nos primeiros días diante dos militares golpistas e comezaba unha fortísima represión; mais naqueles días comezaba tamén un movemento de resistencia contra a Ditadura, que se alongaría por tres décadas
Este Congreso da Guerrilla será un punto de encontro no que os investigadores poidan aportar os seus traballos sobre a resistencia galega ao franquismo dende distintos puntos de vista. Recuperar a memoria de moitos protagonistas anónimos daqueles feitos, achegar a historia da aportación galega á resistencia antifranquista fóra da Galiza, lembrar as repercusións sociais, políticas e mesmo económicas do feito guerrilleiro.
Xoves, 15 de xaneiro 19:00 Inauguración
19:15-20:45 Conferencia: Hartmut Heine
Visión de conxunto da guerrilla galega
21:00 Actuación de Miro Casabella.
Actuación de Xosé Taboada/Eva Otero (Gaita e violonchelo).
Venres, 16 de xaneiro 10:30 a 11:30
Bernardo Máiz Vázquez A lexislación represiva ata a creación do TOP
Xosé Luis Rodríguez Pardo Do TOP e do xuizo aos 23 de Ferrol
11:45 a 14:00
Emilio Grandío Seoane A primeira resistencia. A Coruña, 1936
Xoan Carlos Garrido Couceiro Os do monte 1936-1939 (Os primeiros)
Xulio Prada Rodríguez Os primeiros fuxidos ourensáns
16:30 a 18:45
Bechir Yazidi El exilio de los republicanos en África del Norte
Javier Rodríguez La guerrilla en el nordeste de León
Alejandro Rodríguez Gutiérrez A guerrilla no Bierzo: Manuel Girón Bazán
19:00 a 20:30
Francisco Xavier Redondo Abal As fontes documentais para o estudio da guerrilla antifranquista galega no Arquivo Histórico do PCE
Carlos Nuevo Cal A represión contra a guerrilla na Mariña lucense
Sábado, 17 de xaneiro 10:00 a 12:00
Carlos Reigosa Vidas cruzadas, vidas paralelas
Carlos Parrado "Curuxás": a guerrilla antifranquista na terra de Melide e a Ulloa
Fernando Vidal Collazo A guerrilla na Costa da Morte bergantiñán
Manuel Pazos A guerrilla na bisbarra de Ordes: 1936-1952
12:15 a 14:00
Eliseo Fernández Fernández O anarquismo galego e a resistencia antifranquista: unha historia esquecida
Uxío Breogán Diéguez Cequiel A resistencia armada e o nacionalismo galego
Víctor Santidrián Arias O PCE e a guerrilla
16:30 a 17:30
Presenta Bernardo Máiz - Convidado Ismael Cobo (co-realizador) Proxección "A Illa de Chelo" (57´)
17:30 a 19:00
Intervención de guerrilleiros e enlaces da guerrilla
19:00 a 20:00
Conferencia de clausura
Secundino Serrano A guerrilla antifranquista española: unha visión de conxunto
20:00 a 20:30
Acto de clausura
20:30
Actuación do grupo A QUENLLA
|