>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Carmen Penim presenta o seu novo proxecto no Culturgal (Pontevedra)

(ultima actualizaci�n: 1 / 12 / 16 )





Venres 2 de decembro ás 20:15h
Pazo da Cultura de Pontevedra.
Rúa Alexandre Bóveda.
Pontevedra.


Carmen Penim presenta o seu vindeiro proxecto HERDEIRAS, sobre as mulleres na guerra. Un pequeno adianto acompañada por unha boa parte dos colaboradores e poetas que participan neste traballo que será o seu primeiro en solitario.
Nesta ocasión estará Luis Bará, Montse Fajardo, Marga do Val, Marta Dacosta, María Torres e Valentín García Bóveda. Presentará o acto Pepe Cáccamo.
Carmen interpretará dúas pezas en absoluta estrea como anticipo deste libro-CD. E desvelaremos a foto que representará este traballo da cantante, realizada por Xoan Piñón.



Pazo da Cultura de Pontevedra. Rúa Alexandre Bóveda. Pontevedra.
Abrir mapa en navegador

- 2naFronteira- Culturgal -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal