>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Magosto en Baralla (Lugo)

(ultima actualización: 24 / 11 / 16 )





Sábado 26 de novembro ás 20:00h
Praza Maior, 27680 Baralla (Lugo),


Castañas asadas, liscos, empanada, pan, viño, refrescos e Queimada.
Música e Baile da man de Airiños do Neira e de Tocadoras de Pandeira Cernellas de Santa María de Boveda.
Todo de balde

Organiza Asociación Cultural Airiños do Neira e a asociación Os Malugreiras.
Colabora O Concello de Baralla

Este sábado, 26 de Novembro, como cada ano, celebramos en Baralla o Magosto de Airiños do Neira.
A Asociación cultural, con mais de 20 anos de vagaxe e intensa actividade no eido de promoción e difusión cultural, organiza este ano o evento da man da Asociación de Mulleres Rurais Os Malugreiros e do propio Concello de Baralla.
O evento terá lugar este sábado, a partir das 8 da tarde, na Praza da Vila. Terán disposta unha carpa, e haberá castañas apañadas polos propios cativos da asociación, e mais postres caseiros elaborados pol@s familias. Haberá liscos asados, empanada, viño e refrescos, todo de balde!
A animación musical correrá a cargo dos cativ@s das escolas de Airiños do Neira, con bailes e música, acompañados polos mestres Pablo Pintor e Pepe Vaamonde. Tamén teremos como convidadas ós grupo de tocadoras de pandeira Cernellas, de Santa María de Bóveda.
Agardamos asistencia de xentes do concello e da comarca, pra pasar unha tarde divertida desfrutando en compañía d@s veciños




Praza Maior, 27680 Baralla (Lugo),
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal