>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Nova Galega de Danza en Vilagarcía
https://www.ticketea.com/entradas-danza-son-de-novagalega-de-danza-en-vilagarcia-de-arousa/?tktsrc=search

(ultima actualización: 20 / 11 / 16 )





Venres 25 de novembro no Auditorio de Vilagarcía de Arousa. Unha montaxe única capaz de dar vida á mesma pedra.

Nova Galega de Danza actuará o vindeiro venres 25 de novembro no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, a apertura de portas é ás 20:30, o espectáculo comezará ás ás 21:00h.

SON é unha peza coreográfica na que se conta unha historia que mostra o peculiar universo da creación desde a visión dun artista creador. Bailando faremos referencias á sempre ansiada "procura da perfección", durante esa procura un ourive da escultura (o protagonista da obra), perde a cordura mental tentando atopar a súa obra mestra.

Ao longo do espectáculo gozarase de cadros, evolucións coreográficas, paisaxes humanas e atmosferas cheas de emoción, en todas elas poderemos descubrir os segredos da mente dun creativo que se atormenta, búscase, pérdese, namórase... á vez que alaga ao espectador dunha enerxía evocadora que traerá aires inspiradores.

Durante unha hora e quince minutos, 9 bailaríns e 5 músicos en vivo, van representar 10 coreografías, as cales se irán sucedendo e ligando entre si por transicións nas que se utilizarán diferentes elementos que adoitan formar parte dun taller de escultura e tamén de elementos das belas paisaxes de Galicia.

A linguaxe coreográfico usado para o show conta con pasos de catro diferentes estilos: a danza tradicional galega, a estilización da danza española, a danza contemporánea e o flamenco.

A decisión de contar esta historia da man deste tres disciplinas nace da necesidade de atopar novos camiños de investigación para facer evolucionar estes estilos facéndoos nutrirse entre si, e desta maneira buscar novas canles de explotación, cun show novo de concepto e orixinal no seu contido.



Auditorio de Vilagarcía de Arousa. Avenida de Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal