>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Monográfico sobre o maneo en Vigo

(ultima actualización: 20 / 11 / 16 )





Sábado 26 de novembro ás 10:00h
Ceip Lope de Vega (R/ Emilia Pardo Bazán 121, Vigo).


O maneo é unha das variantes máis comúns da jota na comarca de Bergantiños. Cando na copla (punto), ten un toque diferenciado e característico o do resto das jotas de toda a xeografía galega. Tamén se extende, en menor medida a zona de Ordes (Tordoia e Trazo).

A música sempre é interpretada por pandeiretas.

Destaca, tamén, na realización dos puntos, xa que, adoitan facerse cuns adiante/atrás arrastrados, con pausa e elegancia. Na súa forma máis común, o maneo faise en 2 filas, unha de homes e outra de mulleres, aínda que existen variantes no posicionamento do baile nalgunhas zonas.

Neste curso aprenderemos a:

Aprendizaxe de movementos no ritmo.
Diferenciación dos puntos segundo a zona á que pertenzan:
Erbecedo(Coristanco)
Limiñoa(Ponteceso)
Imende(Carballo)
Anxeríz(Tordoia)
Realización dunha estructura completa dun baile.
Os interesados poden poñerse en contacto no correo electrónico ofiadeiro@ofiadeiro.com ou chamade ó 629585355/986253585.

Uns poucos datos do Mestre, Javi Pose:

Empezou a bailar alá polo ano 1993 na Escola Municipal de Danza de Vigo con Wenceslao Cabezas (Polo), da que deu o salto á ACF O Fiadeiro, de Vigo 8 anos despois baixo a dirección de Francisco Javier Feijoó (Chisco), e anos máis tarde no grupo “A Buxaina” de Coruxo.
Actualmente é membro da formación titular de baile da “A.C. Xacarandaina” de A Coruña, e participa activamente no espectáculo “O Poder do Arcabuz”, xunto a compañía “Quique Peón Cia”.
En 2012 decide dedicarse por completo á docencia do baile tradicional, na “ACF O Fiadeiro”, impartindo iniciación ao baile tradicional a nenos e adultos. Pouco tempo despois, en xuño de 2013, incorpórase como monitor de baile na “AAVV Santa Mariña” de Cabral, e como director de baile da “AC Os Muiños” de Oliveira, en Santiago de Oliveira Ponteareas e en 2014 comeza a dirixir a “AC A Vella Barca”, do concello de Arbo e por fin, en 2016, toma a dirección do grupo “Refaixos e Polainas” de Baldráns, parroquia pertencente ó concello de Tui.



Ceip Lope de Vega (R/ Emilia Pardo Bazán 121, Vigo).
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal