>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

88 Foliada do Lar (As Pontes)

(ultima actualizaci�n: 20 / 11 / 16 )





Venres 25 de novembro ás 22:30h
Rúa Eume, 15320 As Pontes de García Rodríguez (A Coruña),


Atención “FOLIADEIR@S” Moitas novidades van acontecer na 88 Foliada do Lar.

22:30.- Actuación do grupo infantil de música folc QUENINDIOLE. Composto por nenos e nenas de mui curta idade e formados na comarca de ferrolterra. O grupo está acadando un grande éxito alí por onde pasan, deixando éstes, mostras evidentes da súa calidade tal como o fixeron no recente concerto do XXXVII Festival Irmandiño de Moeche.

Gran concurso internacional de ATURUXOS. Elixiremos a/o millor aturuxador/a entre os participantes con agasallos para os mais valorados polo público.

23:30.- Obradoiro de Baile iniciación/perfecionamento impartido por Uxío de Repichoca Ferrol. Uxío con experiencia dabondo en estes menesteres, ensinará ao son da música aos participantes a desenrolase con solvencia en una Foliada, para elo tratará os ritmos da muiñeira, xota e mesmo o agarrado. Non é necesario anotarse con antelación.

00:30.- O grupo anfitrión e organizador , seremos os responsables de pechar a ronda de actuacións programadas para deixar paso á Repichoca, celebrando deste xeito outro Outono cargado de magostos con castañas, viño e cheiño de Música Tradicional.

Nota: Habemos tratar de ser rigurosamente puntuales no horario establecido de comezo.



Bar Lar. Rúa Eume, 15320 As Pontes de García Rodríguez (A Coruña),
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal