>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Brigada Bravo&Díaz » 24 de Xaneiro na Escola Universitaria de Formación de Profesorado de Lugo
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 13 / 1 / 09 )





Tomando como base o material recollido no libro de Luís Díaz Viana
“Cancionero Popular de la Guerra Civil Española”, a Brigada
Bravo&Díaz propón unha nova interpretación en clave de jazz
dalgunhas das máis famosas melodías que se cantaron naquela
contenda.

Unha curiosa formación -zanfona, caixa de música e guitarra- que
evoca sonoridades antigas cunha linguaxe contemporánea e aberta.

Son dous pero soan como se foran, polo menos, cinco. Cunha guitarra
e unha zanfona pódeselle facer falar ao silencio. A música, coma toda
arte, non é unha cuestión de número nin ferramentas, senón de
talento. E por encima disto está a capacidade de transmitir emoción,
de evocar sentimentos coas notas. Servirse de melodías tradicionais
para elaborar sofisticadas variacións supón unha senda tendida entre
o culto e o popular que, desde o Renacemento, os músicos máis
exquisitos viñeron transitando.

Poderedes disfrutar das cancións populares da Guerra Civil
interpretadas pola Brigada Díaz&Bravo en directo o xoves 24 de
Xaneiro de 2009 na Escola Universitaria de Formación do Profesorado
de Lugo (Avda. de Ramón Ferreiro, s/n. ).














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal