>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

PROJECTO [`TREPIA] - Projecto [`trepia] (2009)
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 13 / 1 / 09 )





PROJECTO ['TREPIA], primeiros
clasificados no certame GZcrea 2008 en música e segundos
en videocreación, veñen de editar o seu primeiro traballo no netlabel
A Regueifa. Os do Morrazo son un colectivo multidisciplinar
artellado arredor do que eles denominan "os tres pés" -o son, a
imaxe e a danza- combinando no musical a música tradicional
galega
-froito en grande parte de recolleitas de campo propias-
cos novos sons que proporciona a electrónica cunha atitude
decididamente vangardista, levando ao século XXI cantos
tradicionais, pandeiretas, pandeiros, sachos, caixas de pementón e
zanfoñas ao mesturalos con unha base rítmica de batería electrónica,
samples e baixo eléctrico.

Coma sempre, máis info e descarga de balde do disco en www.aregueifa.net




- Trepia -


NOVAS RELACIONADAS:



O disco de Projecto [`trepia] xa na rede
http://www.anosaterra.org/nova/o-disco-de-projecto-trepia-xa-na-rede-.html


"A Roseira", "Leghons", "Pontepedra", "Oroso_reloaded", "Deganha" e "A máquina de meter medo" son os seis temas que podemos descargar xa de Projecto ['trepia] a través da Regueifa. O grupo pontevedrés foi gañador da última edición do certame GZ Crea na súa categoría de música, e segundo en videocreación, e fan convivir a zanfona eléctrica, o baixo, a batería electrónica, os sachos, ou o pandeiro con samplers e efectos.

De feito, esta agrupación aposta pola combinación de tradición con vangarda, e de diversos soportes: imaxe, ou a posta a disposición do potencial multimedia (fotografía, gravación, documentación, internet...); danza, recreación coreográfica inspirada na danza tradicional sen esquecer as achegas da contemporánea; e son, aplicando tamén novas técnicas á música tradicional. "A recolheita de campo já nunca mais será material inerte e anquilosado, senom um instrumento mais ao serviço da expresom cultural", afirman. Por outra parte, traballan en tres frontes: asociativa, escénica e reivindicativa, tanto no espazo público como no privado.

Recuperar a rúa

Dividen a historia da música galega en catro etapas: unha primeira, "de fiadas, de segas, de fiadeiros, de ruadas e de seráns" en que a música formaba parte da vida cotiá. Chegou a segunda, en que "o folklore disfrazou-se de saia vermelha com terciopelo negro e espantalhos (...) fijo-se-lhe crer à gente que aquilo os repressentava, que aquelas danças e música esperpénticas eram as suas raízes". A terceira etapa sería a da recuperación, recollendo a creación tradicional de onde é: do pobo, aínda que sinalan diferenzas entre recollidas fieis e "ornamentadas".

E na cuarta etapa, en que se sitúan, atopamos a deconstrución (non destrución) da música e a danza tradicional. O colectivo atrévese a dicir: "Com nós nasce o crescimento, a expansom. O género 'folklore' começa a nom ser definido polo superficial, polo óbvio, senom polos conceitos, valores e princípios que o sustentam". Que a música e o baile volvan ao espazo público.

Tocan e bailan en vaqueiros e zapatillas, demostran que as ferreñas son para soar na rúa, e que os puntos pódense bailar nunha xolda urbana calquera. Teñen montado "performances" en plena rúa, en supermercados... Para demostrar que a cultura tradicional está viva e é de todos. Que a tradición tamén pode ser revolución. E para afirmalo de vez, agora podemos descargalos libremente e de balde da rede.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal