>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

FIANDOLA 20ºANIVERSARIO - Reis (Teo).

(ultima actualización: 17 / 11 / 16 )





Sábado 19 de novembro ás 21:00h
Centro cultural a Ponte Vella - Reis (Teo) A Coruña.


Cúmprense 20 anos de Fiandola, 20 anos de facer país, de dignificar a nosa música. E ímolo festexar ao grande, cun concerto especial 20º Aniversario no que haberá convidad@s especiais.

Queremos facer algo memorable e contamos con vós, coa xente que estes 20 anos nos seguíu e apoiou e para os que nos queren descubrir e disfrutar a día de hoxe.
Ao final haberá foliada aberta!
As entradas serán a 5 €. Poderédelas coller a calquera dos músicos de Fiandola e en vindeiros días publicaremos a lista de locais de Compostela onde se poderán mercar tamén.

Agardámosvos!!! Lumeeee!!!



Centro cultural a Ponte Vella - Reis (Teo) A Coruña.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal