
Venres 18 de novembro ás 09:30h Matadoiro Compostela. Praza do Matadoiro. Santiago de Compostela.
Benvid@s a unha nova tempada de bailes europeos e galegos en Compostela. Un venres de cada mes, en colaboración co Matadoiro Compostela, un proxecto comunitario de músic@s que sinten a necesidade de crear espazos de baile regular na cidade, reuniranse para tocar schottish, polcas, andros, bourrés, mazurcas, xotas, muiñeiras, pasodobres, ... Bailador@s do país cambiade as solas dos zapatos para ghastar a pista como merece un torreiro así!!
|