
Facemos un pequeno avance do programa dos monográficos de aCentral Folque para este ano ‘09. Os monográficos de aCentral Folque son cursos especializados en diferentes áreas da práctica musical, impartidos por profesionais en activo que ofrecen unha formación específica en interpretación instrumental, canto, danza, pedagoxía, escena e improvisación. Terán lugar en Santiago de Compostela entre os meses de febreiro e marzo. As prazas son limitadas e a admisión por orde de preinscripción. Nos vindeiros días colgaremos no portal de www.folque.com máis detalles e abriremos o prazo de preinscripción. Estade atent@s! Estes son os detalles principais: Imparten: XAVIER BLANCO. Gaitas troncais Data: 27 de febreiro (2 h) ÓSCAR IBÁÑEZ. A gaita e a dixitación pechada nas marxes do Lérez Data: 6, 13, 20, e 27 de marzal (8 h) PABLO CARPINTERO. Tipoloxías e repertorios nas gaitas galegas Data: 3, 17, 24 abril e 8 maio (8 h) JUANJO FERNÁNDEZ. A gaita clásica: tempero, dixitación e repertorio Data: 15, 22, 29 maio e 5 xuño (8 h) -Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais Imparten: RAMÓN BERMEJO. Técnicas de canto en grupo Data: 27 febreiro, 6, 13, 20 marzal (8 h) PAULINA CEREMUZYNSKA. Técnica vocal e interpretación Data: 27 marzal; 3, 17, 24 abril (12 h) FRANSY GONZÁLEZ. Repertorio de Bergantiños con pandeireta Data: 16 maio (8 h) -Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais Imparten: MIGUEL SOUTO. O baile solto nos seráns Data: 13 e 27 de marzal (4 h) MERCÉ DE RANDE. Xeometrías da danza Data: 20 e 28 marzal (4 h) JANOS FUGEDI. Labanotation: método de escritura para baile tradicional Data: 11 e 12 maio (16 h) HENRIQUE PEÓN. Master class de danza tradicional galega Data: 23 xuño (2 h) - ACORDEÓN DIATÓNICO I iniciación
Imparte: CARLOS QUINTÁ. Introdución ao acordeón diatónico. -Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais -Datas: 27 febreiro; 13, 20, 27 marzal; 3, 17, 24 abril (6 h) - ACORDEÓN DIATÓNICO II avanzado
Imparte: ARTUR FERNANDES. Ao toque de diatónico -Lugar: Conservatorio Oficial de Santiago de Compostela -Datas: 14 marzal (8 h) Imparte: SÉRGIO TANNUS. Guitarra popular brasileira -Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais -Datas: 3, 17, 24 abril; 8, 15, 22, 29 maio; 5, 12, 19, 26 xuño (10 h) Imparte: LUIS PREGO. Adufe, pandeiro cadrado de Galiza e Portugal -Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais -Datas: 8, 15, 22 e 29 maio; 5, 12, 19 e 26 de xuño (12 h) Imparte: CHEFA ALONSO. Improvisación libre -Lugar: Conservatorio Oficial de Santiago de Compostela -Datas: 6 e 7 de marzal (8 h) Imparte: SERGIO DE LA OSSA. O método Kodály: adaptación galega -Lugar: Conservatorio Oficial de Santiago de Compostela -Datas: 6, 7, 13 de marzal (16 h) - RECURSOS ESCÉNICOS para músicos
Imparten: Patricia de Lorenzo, Xron, Manuel Cortés: Relación coa escena Fidel Vázquez. Relación coa luz Xurxo Pinheiro. Relación co son -Lugar: Sala NASA -Datas: 10, 17, 24, 31 marzal; 14, 21, 28 abril; 5, 12 maio (30 h)
|