>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

II Xornadas sobre os Seráns

(ultima actualización: 11 / 11 / 16 )





Sábado 12 de novembro a partires das 11:00h no Concello de Pazos de Borbén.


11.00h – Semblanza a Domingo Amoedo
Colocación dun ramo de flores na Casa da veciñanza de A Ermida.

11.30h – Relatorio I
A i-aña nas Vesadas do Condado - Paradanta: Elementos rituais (O ramo, o baile e os leghóns). Por Guillerme Ignacio Costa
12:15h. - Quenda de preguntas

12.30h – Obradoiro de baile
Impartido por Lina Rodriguez, de Lordelo (Mondariz) e Lola Amoedo, de Toutón. E coa participación de Francisco Feijóo “Xisco”.

13.30h. XANTAR

16.30h – Obradoiro de pandeireta
Impartido por pandereteiras de Sequeiros e A Ermida, de Toutón, de Gargamala, San Vicente de Oitavén e do Lecer de Pazos. E coa colaboración de Francisco Feijóo “Xisco”.

17.30h – Relatorio II
Conformación e características da etno-zona “Serán”. Por Xandre Outeiro
18:15h. - Quenda de preguntas

18.30h – Proxección audiovisual
Proxección dun video resumo das I Xornadas sobre o Serán.

18.45h – Descanso

19.00h – Mesa de debate
Con de pandereteiras de Sequeiros e A Ermida, de Toutón, de Gargamala, San Vicente de Oitavén e do Lecer de Pazos. Tamén Pandereteias de Avión.
E moderada por Xandre Outeiro.

20.15h – Serán
Serán a cargo dos grupos de pandereteiras de Sequeiros e A Ermida, de Toutón, de Gargamala, San Vicente de Oitavén e do Lecer de Pazos. Tamén Pandereteiras de Avión.

21.15h – Peche
Actuación dos grupos convidados da comarca.



A principios do pasado século XX, nunha ampla zona do interior da provincia de Pontevedra que abrangue os Concellos de Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Mondariz, Pontecaldelas, Soutomaior, etc., a xente das aldeas organizaba, pasada a tempada de verán, pequenas festas participativas que favorecían o achegamento e a diversión entre mozos e mozas.Argallábanse en casas particulares, alboios ou mesmo cortes, e daban comezo ó caer a tardiña, polo serán, de aí o seu nome. Alí se reunían cantadores e cantadoras, bailadores e bailadoras, para cantar, bailar e desfrutar da xornada. Pero non o facían de calquera xeito, se non que tiñan unha organización tradicional ben clara e definida para as súas actuacións, sobre todo no tocante ás pezas que levaba cada baile.Con estas xornadas pretendemos profundizar nestas reunións tradicionais, Os Seráns, da man de quen as viviu en primeira persoa, e que representan un reflexo da identidade social e cultural do noso pobo, e un gran exemplo do Patrimonio Cultural Inmaterial que temos en Galicia. Por iso, o vindeiro 12 de novembro dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organizamos a II Xornada sobre o Serán, no que desfrutar non só da música e do baile senón tamén charlas, coloquios, mesas redondas,... sobre a súa temática. Será en Pazos de Borbén, berce dos seráns do pasado século e xermolador do seu rexurdimento.Anota a cita na túa axenda, pois sen dúbida é unha cita que non querrás perderte!!!
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal