>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Fest-noz en Compostela

(ultima actualización: 10 / 11 / 16 )





Sábado 12 de novembro ás 18:00h
A Nave de Vidán.
Avenida Mestra Victoria Míguez, nº 44.
Santiago de Compostela.


Co noso fest-noz anual, o sábado 12 de novembro imos poder escoitar música bretoa en directo na Nave de Vidán (Avenida Mestra Victoria Miguez, 44 – Bus 8) de Santiago de Compostela
Poderedes escoitar música bretoa cos grupos Tis Che Tein e Carricobanda. Contaremos tamén coa colaboración do vigués Pedro Blanco co seu acordeón.
Teredes a oportunidade de bailar distintas danzas tradicionais como gavotte, an dro, laride, cercle circassien, scotish… O profesor de baile, Suso Cancelas da asociación Monteira Danzas do Mundo animará o obradoiro para as persoas que queiran iniciarse ou perfeccionar os distintos bailes.
Bailemos sen descanso desde ás 18:00 atá que nos deixen… Haberá sidra e doce típico, a entrada será de 5 euros e de balde para menores de 13 anos.



A Nave de Vidán. Avenida Mestra Victoria Míguez, nº 44. Santiago de Compostela.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal