>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Novo disco de Guadi Galego: O mundo está parado

(ultima actualización: 6 / 11 / 16 )





Guadi Galego volta á escena cun novo traballo en novembro: O MUNDO ESTÁ PARADO

Co seu anterior LUAS DE OUTUBRO E AGOSTO (Fol Música 2014), a compositora GUADI GALEGO conseguiu conquistar a público e crítica cun disco extraordinario, cheo de cancións fermosas, melodías sublimes e letras moi persoais.

O vindeiro 4 de novembro Guadi vai publicar o seu terceiro disco en solitario, O MUNDO ESTÁ PARADO, un conxunto de cancións onde a pluralidade a universalidade e á vez a diversidade están presentes. Unha reflexión sobre a imposibilidade da coherencia.

O MUNDO ESTÁ PARADO está conformado por 10 temas: 6 escritos por ela ,3 por Carlos Abal e 1 por Pachi García, que exerce de novo como productor musical. GUADI GALEGO perfílase como unha compositora extremadamente orixinal e única.

LISTADO DE TEMAS:

1. Cedeira
2. O Privilexio É Soñar
3. Mente En Branco
4. O Mundo Está Parado
5. El Entorno
6. Vas Cara Arriba
7. Dende Que Marchaches
8. Vida
9. Tribu
10. Canción Para Ver


O FORMATO, ALGO EXCLUSIVO:

Na primeira e limitada edición de O MUNDO ESTÁ PARADO Guadi decidiu engadir máis valor artístico ao traballo: é importante sinalar que o único formato que haberá dispoñible nas tendas de discos é un VINILO,dentro poderán atoparse un CD (coas mesmas cancións) e unha fotografía dun tamaño 20x30cm, obra de Carlos Abal. Hai 10 fotos distintas distribuidas nunha tirada de 1.000 vinilos.

Se non podes mercalo nunha tenda podes reservar a tua copia de vinilo no Facebook da artista: AQUÍ ou facer a túa reserva en vinilosguadigalego@gmail.com

O MUNDO ESTÁ PARADO tamén estará dispoñible nas plataformas dixitais.

DATA DE SAÍDA: 4 DE NOVEMBRO DE 2016














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal