Bocixa/ Raquel Rey . ANT TV pasou un serán con Maghúa, un grupo da Coruña, convidado a un serán no concello ordense de Tordoia, que mantén a tradición dos cantos de Nadal e de Reis.
Amais, falamos con algúns veciños que nos contaron como se vivía antes o Nadal. Non hai tantos anos (e aínda hoxe, de feito), o mellor xeito de celebrar estas festas era botando cantareas e sacando puntos, a golpe de gaita e ferreñas. No noso cantigueiro tradicional temos, amais, tres tipos de canto para cada data sinalada: as panxoliñas para o Nadal e a noiteboa, os Manueles para aninovo e os cantos de Reis para cando veñen os de Oriente repartir agasallos. A memoria destes veciños aínda conserva boa parte dese repertorio.