>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

VIII Tasca do Liño de San Bartolomeu de Ínsua (Vilalba. Lugo)
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 27 / 10 / 16 )





Sábado 29 de outubro

A festa de demostración do traballo do liño a través da tasca, principalmente, celebrarase o sábado 29 de outubro e contará tamén con outras mostras de traballos artesáns e música.


A Asociación de Mulleres de Insua celebrará por oitavo ano consecutivo a Tasca Tradicional do Liño como culminación da súa actividade principal, a recuperación do cultivo e traballo tradicional do liño.

O colectivo reúne esforzos para ofrecer e mostrar nunha xornada parte do seu traballo anual co obxectivo principal de “divulgar unha tarefa desenvolvida durante anos polos nosos antergos e que está a caer no esquecemento”.

A cita será o vindeiro sábado 29 de outubro e dará comezo arredor das once da mañá, aínda que Leandro Seixas non lerá o pregón ata as once e media. Posteriormente, como vén sendo habitual nesta festa, o alcalde de Vilalba, Gerardo Criado, moderará unha táboa redonda arredor do liño. Nesta ocasión falará sobre “a muller, o liño e o tecido” o etnógrafo e historiador Clodio González, a pedagoga e educadora familiar Manuela Vilaboi e a historiadora da arte Miriam Fernández.

Despois dunha demostración da tasca do liño os participantes poderán disfrutar dun xantar popular e da actuación musical dos Valuros. De novo pola tarde continuarán os traballos de demostración da tasca do liño para deixar paso á actuación de Davide Salvado.

A festa rematará ao serán co conxuro da queimada con Manuel Ferreiro.

Outras actividades

Ao longo de toda a xornada o colectivo “Cabanas Rural” ofrecerá demostración de fiado e “Palilleiras da Terra Chá”, demostración de encaixe. E tamén se exporán pezas textiles antigas e modernas no entorno do local social da parroquia de Ínsua onde se instalarán artesáns que tamén ofrecerán demostracións en vivo.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal