>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Ruper Ordorika e Isaac Xubín en Compostela

(ultima actualización: 24 / 10 / 16 )





Martes 25 de outubro ás 20:30 na Sala Capitol


Os versos de Joseba Sarrionandia recompilados na antoloxía “Tempo de exilio”, soarán en galego e en éuscaro grazas ás voces do tradutor da obra na nosa lingua, Isaac Xubín, e do cantautor vasco Ruper Ordorika. Ambos protagonizarán un recital poético este martes día 25 na Sala Capitol (rúa Concepción Arenal, 5), a partir das 20:30 horas, con entrada libre. Esta actuación enmárcase nunha xira que tamén pasará por Vigo e A Coruña. “Tempo de exilio” –pola que Isaac Xubín recibiu o I Premio Etxepare-Laboral Kutxa de Tradución 2015– é a primeira escolma de poemas de Sarrionandia publicada nunha lingua distinta á orixinal en éuscaro. Sarrionandia é un dos máximos referentes da literatura vasca moderna, autor dos títulos máis sobranceiros da lírica vasca posterior a Gabriel Aresti, e recoñecido co Premio Aldekoa, o Premio da Crítica e o Premio Euskadi de Literatura. Pertencente á colección Tambo do selo Faktoría K de Libros –onde Xubín tamén traduciu a escolma “Alén da fronteira” (Premio Lois Tobío de Tradución 2012) coa obra de sete poetas vascos–, a edición bilingüe de “Tempo de exilio” contén poemas que se converteron na banda sonora do devir máis recente do pobo vasco, ao seren musicados por artistas como Ruper Ordorika. O intérprete guipuscoano estará acompañado no escenario por Isaac Xubín, cantando e recitando xuntos composicións tan emblemáticas como “Martin Larralde”, “Ibaizabal” e “Poesiaren gauza galdua”. .




Sala Capitol
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal