>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Concerto de Pablo Lerner en Compostela

(ultima actualización: 24 / 10 / 16 )





Luns 24 de outubro ás 20:00h
ACentral Folque.
Rúa Travesa 7.
Santiago de Compostela.


Este luns 24 de outubro aCentral Folque acolle un concerto de Pablo Lerner, artista peculiar que está de paso por Compostela para ofrecer un concerto na libraría de vello Tirana na rúa do Pombal 34. Pablo Lerner dará un concerto cos convidados especiais Alba María e Ariel Ninas. Pablo Lerner é un músico arxentino que toca música do nordeste do Brasil con zanfona húngara. Unha música con orixes galegas e portuguesas instalada no nordeste brasileiro cando chegaron os primeiros colonizadores á zona.

Pablo Lerner, nado en Arxentina, toca música do nordeste de Brasil en tekerolant (zanfona húngara). O parecido timbrico entre rabeca nordestina e zanfona húngara tocada cunha particular técnica permite este achegamento. Pablo estudou tekerolant co profesor Balazs Nagy na Obudai Nepzenei Iskola (Escola de folclore de Óbuda). Deu concertos e obradoiros de música nordestina en zanfona en Brasil, Hungría, Austria e Portugal.



ACentral Folque. Rúa Travesa 7. Santiago de Compostela.
Abrir mapa en navegador

- aCentral Folque -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal