>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Método Cardiofónico de Germán Díaz en Ferrol (Ciclo Na Raíz)

(ultima actualizaci�n: 13 / 10 / 16 )





Venres 28 de outubro ás 21:00h
Teatro Jofre Ferrol (Praza Galicia)

O novo espectáculo musical deste zanfonista recoñecido como un dos mellores do Mundo, está baseado nos ritmos de latidos do corazón que o doutor Iriarte grabou nos anos cuarenta e editou en placas de lousa co nome de Método Cardiofónico. Tomando como base estes latidos, crea un universo sonoro único cos instrumentos mecánicos que emprega e que len os cartóns perforados nos que Díaz escribe as melodías. O playasax, a rolmónica cromática, o órgano de barbaría e a caixa de música, únense á manivela da zanfona e á grabación de loops en directo para camiñar entre a improvisación e a rixidez dos cartóns perforados.
[Concerto a dúo con Benxa Otero]



Teatro Jofre Ferrol. Praza Galicia, S/N. Ferrol.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal