>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

VII Ruada de Moraña (serán-magosteiro)

(ultima actualización: 10 / 11 / 16 )





Sábado 12 de novembro ás 12:00h
Moraña.


A ruada volta un ano máis a Moraña. As asociacións CHINGUILIPÉ e O ARRIEIRO queremos convidarvos á séptima edición da #RuadadeMoraña. De novo facémolo en sábado, e voltamos á ubicación orixinal da ruada, a carballeira de Santa Lucía!.

PROGRAMACIÓN:

12:00- SESIÓN VERMÚ FOLIADEIRO
Polos bares de Santa Lucía, con Chinguilipé e músic@s amig@s. Hai que ir avisando de que á tarde hai festa, e para iso hai que avisar ós veciños con tempo, así que comezaremos a rondalla ás 12h no café Bar Sergio

17:30- OBRADOIROS
(17:30-18:15H). "Técnicas de man: pandeiro, pandeireta, pandeira). Impartido por MARCELO DOBODE
(18:30-19:15). "Iniciación ao baile tradicional: Xotas". Impartido por MARCOS BOTANA

20:00 INICIO DA RUADA

- Reparto de castañas, chourizos empanadas con bebidas a prezos populares. Inicio da ruada. Confirmados ata o de agora os seguintes grupos (xa sabedes que non temos horarios, así que cando vaiades chegando os grupos iremos anotándovos na "pizarra" da entrada para tocar

Grupos confirmados ata o de agora:
- CHINGUILIPÉ
- Alumnos da AULA FOLQUE da ESMU
- TANXUGUEIRAS (Luou)
- OS ENCANTIÑOS DO UMIA (Caldas e Moraña)
- PANDERETEIRAS DE CARRACEDO
- MADIALEVA (Meis)
- JARABANO BAND (Arcade e Pontevedra)
- HAI QUE ROELO (Cuntis)
- AMORAS MADURAS (Soutomaior)
- SEIXEBRA (Moraña)
- VENDAVALADA (Cambados)
- GERMÁN SONEIRA & AMIGOS "Trío Prata" (Ames)


* Contaremos con escenario e equipo de Son.

00:00 FOLIADA ABERTA

Unha vez teñamos bandullos cheos, foliada aberta ata que os corpiños aghuanten!


* Se tes un grupo e queredes botar unhas pezas connosco só tedes que achegarvos ata Moraña e anotarvos para o serán. Se non tes un grupo pero queres cantar, bailar ou simplemente desfrutar connosco dunha noite chea de música tradicional e troula, xa sabes!
* Ao longo de toda a noite sortearemos os agasallos doados polos comerciantes de Moraña. Pregunta na barra polas rifas!

Comparte este evento e convida a él a todos os teus contactos de Facebook, graciñas!


E se chove???, QUE CHOVA!... temos carpa




Moraña. Moraña.
Abrir mapa en navegador













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal