NOVA ACTUALIZADA: Para tódolos bailadores e bailadoras espallados por Galiza que teñades gañas e necesidade de comenzar o ano bailando, e tamén para todos aqueles que non sabedes bailar e queredes disfrutar da música,coñecer que é iso dos seráns e
animarvos a botarlle un puntiño...
Os grupos que van poñer a música son: PANDERETEIRAS TREBELLOS A.X. Regueifa de Bembibre BANDA DE GAITAS ESTIVADA de Calo PANDERETEIR@S DE ARREIXEIRA de Iria TATARATRIO da Coruña.
Patrocinado polo Concello de Santiago de Compostela, Concellaría de Cultura
------------------------------------
Horario: 8 de xaneiro de 2009 21:30 Lugar: Sala NASA
De novo na Sala Nasa viviremos un serán de troula e música tradicional coa participación de agrupacións folclóricas da comarza e doutras zonas de Galiza. A función destas sesións que levan cinco anos dentro da programación habitual da Sala Nasa é que a xente que baila teña un lugar onde poder practicar a súa afición durante o inverno.
|