>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

VIII Xornada de Cultura Popular Galega (San Sadurniño)

(ultima actualización: 20 / 9 / 16 )





Sábado 24 de setembro
VIII Xornadas de Cultura Popular Galega
De cores, ferreñas e música


Lugar: Casa da Cultura do Concello de San Sadurniño
Horarios: Obradoiro: de 10.00 h a 18.00 h. Concertos: a partir das 20.00 h

En outubro de 2009, a A.F.C. Berros do Castro organiza a I XORNADA DE CULTURA POPULAR GALEGA, co obxectivo principal de promocionar, dinamizar e por en valor a cultura popular galega.
Seguindo a estructura das anteriores edicións, as xornadas do 2016 divídense en 3 bloques culturais. O primeiro bloque é de natureza expositiva, e nel se inclúe a exposición "Bota o pano para fóra", que recolle unha selección panos e mantóns antigos da colección de Alberto Golpe. O segundo dos bloques ten carácter didáctico, e incorpora un obradoiro sobre recursos interpretativos para pandeireta, impartido por Suso Vaamonde. No terceiro dos bloques inclúense as actuacións do docente do curso de pandeireta e os seus alumnos, o grupo de cantareiras "Lilaina" (Miño) e a murga "Os Campantes da Baña" (A Baña).


- Berros do Castro -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal