>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Festival do Leite 2016 (Compostela)

(ultima actualización: 15 / 9 / 16 )





A primeira edición do Festival do Leite, organizada por Deleite Galego, terá lugar o sábado 17 de setembro no Parque de Belvís, en Compostela. Será unha xornada de música para toda a familia, grandes e pequenos, coa que queremos resaltar a importancia cultural e económica do leite para Galicia. Comezaremos cunha sesión vermú moi especial, con Os da Ría e Tony Lomba, aló polas 14h. Completan o cartel Novedades Carminha, Familia Caamagno, Eladio y Los Seres Queridos, Los Árboles, Ataque Escampe, Los Chavales e Oh Ayatollah. Haberá postos de comida e bebida, así que podedes quedar a comer e a pasar a tarde. A idea que temos para o Festival é que funcione coma unha romería. A entrada será de balde, pero agradecemos que, na medida do posible, aportedes nos puntos de acceso alimentos de primeira necesidade (pasta, arroz, aceite, galletas, etc.) con destino á Federación Galega de Bancos de Alimentos, coa que vén colaborando Deleite desde os seus inicios. Todo o beneficio que se xere de barras e merchandising irá para ONGs que traballan cos refuxiados.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal