>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Festival TOSTA 2016 en Rianxo

(ultima actualización: 9 / 9 / 16 )






O 9, 10 e 11 de setembro, tras case un ano de traballo da Mesa en colaboración coa Deputación da Coruña, será a quenda de Rianxo, vila mariñeira seleccionada para que o festival galego se leve a cabo.

TOSTA é un proxecto de colaboración entre axentes culturais de comunidades lingüísticas minorizadas do eixo Atlántico de Europa.Combina a promoción da creación artística, a celebración da diversidade lingüística e cultural, a xestión equilibrada das linguas nun proxecto internacional e unha estratexia comunicativa innovadora.
Irlanda, Gales, Escocia, Cornualles, Frisia, Galiza e Euskal Herria son as nacións embaixadoras xunto cos socios europeos en cada país: Topagunea (Euskal Herria), Celtic Neighbours (Gales), Ealain Na Gaeltachta (Irlanda), Afûk (Frisia), Sabbal Mor Ostaig (Escocia), Golden Tree Productions (Cornualles) e A Mesa Pola Normalizacion Lingüística e Deputación da Coruña (Galiza).
O envío dunha "carga cultural" en forma de containers mariños será a escusa para vertebrar un percorrido que visibilizará en traballo colaborativo previo. Un artista de cada territorio realizará unha residencia noutro, integrado na comunidade local onde creará unha obra de calquera disciplina que se presentará á chegada dos containers a cada porto.
En cada porto participante, organizarase un festival de 3 días de duración para visibilizar e facer participe á cidadanía da colaboración e relación entre as comunidades.
Un set de 4 containers adaptados ás necesidades será a infraestrutura utilizada. As actividades do festival serán as as seguintes: presentación e mostra das obras creadas polos artistas en residencias; emisión de audiovisuais dos socios participantes, proceso participativo con nenos para crear un flashmob cunha canción local, presentación da EcoC Donostia 2016, espéctaculos musicais e doutras disciplinas.
Durante todo o período de festival instalaría un infoipoint con información sobre DSS2016 e outro con información sobre os socios do proxecto e as súas comunidades lingüísticas, ademáis dunha cantina onde degustar sabores de cada unha das nacións participantes do Tosta.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal