>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Serán Careco Solidario (San Claudio - Ortigueira)

(ultima actualización: 3 / 9 / 16 )





O sábado 10, no campo da festa da Rocha (San Claudio - Ortigueira) chega o Serán Careco solidario, onde Os Carecos organizamos un Serán cheo de actividades para o disfrute de todo o que se queira achegar e colaborar, xa que TODOS os beneficios recaudados serán doados a Asociación Española contra o Cancro (AECC), asociación que pon toda a forza e medios dispoñibles para axudar a todas esas persoas que sufren esta grave e complexa enfermidade como tamén a sua investigación, motivos mais que suficientes para nos poñer o noso graíño de area e axudalos no que se poida, e que mellor maneira que cunha festa das nosas, donde o noso folclore e costumes son os grandes protagonistas!!!
Para iso teremos un Serán cheo de música, baile e diversión no que detallamos de seguido:

11:30 Un pequeno pasarruas por San Claudio

12:30 Empeza a sesión vermú no campo da festa con moita música e na que poñeremos racións de callos a prezos populares.

17:00 Xogos, colchoneta hinchable, globoflexia e pintacaras para os mais pequenos, e non tan pequenos, jejeje...

17:30 Obradoiro de baile de valde, onde o compañeiro Cristovo Chao nos ensinará pasos de muiñeira e jota para toda a xente que se queira achegar de calquer idade e condición, faciliño para que todos despois poidamos bailar na foliada.

18:30 Festival de baile tradicional.

20:00 Empezarase a servir racións de churrasco a prezos populares.

20:30 Empezamos coa Foliadinha, onde os mais pequenos nos demostrarán o gran futuro e arte que temos nas comarcas do Ortegal e Ferrolterra.

22:00 Empeza a foliada, onde grupos de todas partes da nosa terra queren vir poñer da sua parte para axudar e para que a música non pare para facer unha gran foliada ata que o corpo aguante.

E o gran sorteo, onde se poñerán rifas á venda para sortear varias cousiñas que a xente e nogocios locais van donando.

A todo isto tamén teremos postos solidarios onde se venderá cousas feitas a man con motivo benéfico...
E todo isto baixo unha gran carpa, así que se chove que chova, non ai excusa!!!

Pois xa sabedes, animádevos a vir e colaborar coa gran causa, todo seña para axudar a que á enfermidade deste siglo que é o cancro, se lle atope a cura canto antes...

Vémonos e iremos dando mais informacion... Apertas!!!














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal