>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Romaría de Santa Margarida (A Coruña)

(ultima actualización: 19 / 8 / 16 )





Concertos, obradoiros infantís de construción de instrumentos, mesas redondas e faladoiros entorno á música tradicional.

O sábado 27 de agosto
a xornada desenvolverase desde as 10.00 horas ata as 19.00 horas da tarde en distintas localizacións temáticas, cada unha especializada nun ámbito do folclore, antes de trasladarse ao parque de Santa Margarita. Así, a praza de Vigo recollerá toda a actividade realicionada co baile, con obradoiros de Luis Prego, Montse Rivera, Xabier Iglesias e Manolo Cobas, con actuacións de Cántigas da Terra, Donaire e Sond'aqui, ademais dunha foliadiña Ardelloeixo. Pola súa banda, na praza de Galicia centraranse os faladoiros, nos que participarán representantes de distintas agrupacións e Xurxo Souto impartirá un obradoiro de regueifas. A praza de Lugo transformarase na Praza Miúda, cunha programación especial para nenas e nenos, na que se realizarán distintas actividades así como obradoiros de construción de instrumentos como a pandeireta, turutú, castañolas ou chimpau. Finalmente, os Xardíns de Méndez Núñez serán o epicentro da música, con actuacións e obradoiros impartidos por Olga Kirk, Pablo Seoane, Fransy Gonález e Xosé Lois Romero. Ademais, durante toda a mañá, desde as 10.00 ata as 14.00 horas, Os Viqueiras de Ordes realizarán pasarrúas entre as prazas. Xa pola noite, desde as 20.00 horas ata as 02.00 horas, sucederanse os concertos de Pesdelán (20.00 horas), Tiruleque (21.30 horas), Xosé Lois Romero & Aliboria (23.00 horas) e Os d'abaixo (00.30 horas).

O domingo 28 a Romaría manterá "a estrutura acorde como se viña desenvolvendo nos últimos anos", segundo indicou o concelleiro de Culturas, con obradoiros, pasarrúas, actividades infantís, fogos artificiais "e outras sorpresas" no parque de Santa Margarita, e a verbena "será substituída por música tradicional". En canto á celebración nocturna, desde as 20.00 horas haberá concertos de Xacarandaina, así como do músico de Mali Vieux Farka Touré e Treixadura.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal