>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Xornal :O Centro Coreográfico Galego debuta no Rosalía da Coruña
Fonte / Máis información



A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, presentará o xoves 4 de xaneiro de 2007 a produción inaugural do Centro Coreográfico Galego (VACUO, con coreografía de Maruxa Salas e música de Berrogüetto) nun acto especial que terá lugar ás 7:30 horas da mañá na lonxa do peixe da Coruña.


XORNAL I A Coruña.- O acto, que se desenvolverá canda a xornada laboral da lonxa, contará coas intervencións de Miguel Martín, xerente do IGAEM; Maruxa Salas, coreógrafa e directora artística, e membros do grupo Berrogüetto, que asinan a música da peza. Incluirá ademais unha breve performance protagonizada por parte do elenco de bailaríns de VACUO.

A estrea oficial de VACUO, que será o 6 de xaneiro no Teatro Rosalía Castro da Coruña, suporá o debut ante o público do Centro Creográfico Galego, unha nova entidade nacida para a difusión en Galicia da danza a todos os niveis, labor no que se insire a presentación no Muro como xeito de implicar nesta disciplina artística a colectivos e centros de traballo emblemáticos das cidades galegas onde se exhibirá o espectáculo.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal